jueves 20.02.2020

O pavillón municipal de Xinzo e a piscina climatizada pechan en agosto por limpeza xeral

    As instalacións municipais do pavillón e a piscina climatizada de Xinzo permanecerán pechadas na primeira quincena de agosto. O motivo é que se van acomerter labores de limpeza xeral tal e como comunicaron dende o Concello.  

Os traballos van consistir na limpeza e encerado da pista xeral do pavillón e o tratamento de auga e posta a punto da piscina climatizada. 

Comentarios