viernes 26/2/21

Pequenas intervencións da Policía Local no Oleiro

Varias identificacións e distintos puntos de vista sobre a interpretación do DOG

oleiro4
oleiro4

A mañá do Oleiro en Xinzo resultou ser un pouco máis movida que a do domingo fareleiro en Xinzo.

Dende a media maña a Policía Local estivo presente na praza Maior e a carón do mediodía varios veciños que permanecían tomando as súas consumicións na propia praza, cuestión que fixo que os membros da Policía Local lle indicara que tiñan que abandonar as rúas para consumir nas súas casas.

DIFERENCIAS DE INTERPRETACIÓN

Nalgún momento os afectados e membros do único establecemento que permanece aberto na praza para entrega a domicilio e recollida, mantiveron unhas discusións cos membros da local en torno a interpretación do DOG.

Ese foi o momento en que máis xente se arremuiñou a carón dos implicados, resolvéndose a actuación sen máis problemas.