lunes 28/9/20
O IES Cidade de Antioquía recibiu a unha representación das forzas políticas con escanos na Corporación

O pleno do Concello de Xinzo apoiará as demandas da comunidade docente fronte Educación

As forzas políticas representadas na Corporación municipal de Xinzo de Limia están este martes convocadas a una sesión extraordinaria para apoiar, unha por unha, as demandas da comunidade docente de cada un dos centros educativos ante a Consellería de Educación. 

Ás iniciais do CEIP Rosalía de Castro, veñen de sumarse as reivindicacións dos mestres do IES Cidade de Antioquía

Mestres e representantes das forzas políticas no Concello de Xinzo e no de Porqueira, na reunión deste luns no I. E. S. Cidade de Antioquía. | FOTO: Noelia Caseiro.
Mestres e representantes das forzas políticas no Concello de Xinzo e no de Porqueira, na reunión deste luns no I. E. S. Cidade de Antioquía. | FOTO: Noelia Caseiro.

O pasado 11 de setembro, o IES (Instituto de Educación Secundaria) Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia facía públicas as súas demandas á Consellería de Educación e puña enriba da mesa a dimisión do equipo directo se non eran respondidas, sobre todo, aquela que solicitaba a incorporación de tres novos mestres. 

Este luns, varias forzas políticas e representantes de diferentes concellos reuníronse no centro de Educación Secundaria Obrigatoria e FP para escoitar, de viva voz, a descripción da situación que está a vivir a súa comunidade docente.

O director do centro, José Manuel Coedo Gómez, recibiu aos representantes das administracións locais e fixo referencia en varias ocasións aos cambios de protocolo da Consellería, a última datada o 31 de agosto, tendo en conta a importancia da distancia interpersoal, modificada de 1,5 metros a 1 metro simplemente. 

Aínda con todos os cambios non se dá cumprido co metro e medio que marca o protocolo (José Manuel Coedo, director do IES Cidade de Antioquía)

Coedo Gómez tamén quixo deixar constancia de como mudou de criterio a propia Administración autonómica: "Necesitaríamos desdobrar aulas en máis pequenas e con menor número de nenos (...), o que implicaría ter tres docentes máis, ó cal xa lle dera o visto e prace a Inspección. Cos cambios na Consellería, volven a chamarnos e decirnos que as últimas novas son explorar todas as opcións antes do desdobre", insiste. 

Na xuntanza estivo presente Antonio Fernández Veiga, voceiro do Partido Popular no Concello de Xinzo, Elvira Lama, alcaldesa da vila e Rafael Penabad, concelleiro de Servizos Públicos Estruturais, Deporte e Insfraestruturas do PSOE así coma outras representacións políticas: Amador Díaz, tenente de alcalde de Xinzo, Manuel Pérez, de Xinzo Adiante,  ou Susana Vázquez Dorado, alcaldesa do concello de Porqueira. 

A representante do equipo de goberno de Porqueira mostrou abertamente a súa convinción de que "debemos esperar unha resposta da Concellería de Educación, a cal espero que sexa positiva". Susana Vázquez porá en contacto co I. E. S. a varios traballadores do Concello de Porqueira para que analicen, no lugar, as necesidades que pode ter a instalación académica. Unha das medidas que se propón é o acondicionamento dos patios exteriores con carpas pertencentes a Porqueira para que "polo menos o inverno non se lle faga tan duro nestas condicións"

Elvira Lama anunciou a convocatoria nun pleno extraordinario para este 15 de setembro, ás 14:00 horas, no cal todos os representantes de C.E.I.P e I.E.S. da comarca poderán plantexar a súa pelexa para a adaptación a este inicio de curso tan "protocolario". 

Comentarios