A solución á vaga de calor que continuará nos próximos días

A solución á vaga de calor que continuará nos próximos días

Hoxe abriron as piscinas de Xinzo e non faltou xente para refrescarse ante as altas temperaturas

Este fin de semana e nos días próximos, estaremos a sufrir unha vaga de calor que deixa imaxes como as de hoxe na apertura das piscinas de Xinzo.

Foron moitas as familias que decidiron ir refrescarse ás piscinas. Podemos ver que se agradeceu esta apertura de cara a estes días tan calurosos que se prevén sobre todo na provincia de Ourense.

Desde xente comezando a coller moreno tomando o sol ata xente máis de sombra, como xente á que non se lle olvidou traer a neveira para manter todo o fría que se poida a bebida e comida.

E falando de comida e bebida, non faltou unha ringleira de nenos para comprar algo no bar e pasar este día, o máis ameno e fresco posible.

Que non falte nestes días tomar medidas de protección contra o sol, como crema solar, ademais de tomar auga e refrescarse. Agora si que podemos dicir que comezou o verán.