miércoles 30/9/20
ANTE AS DEMANDAS DOS CENTROS DA COMARCA, O EQUIPO DE GOBERNO PROPÓN UNHA MOCIÓN CONXUNTA

Ofensiva total contra a Consellería de Educación da Corporación Municipal de Xinzo

Pleno extraordinario en Xinzo de Limia a favor das peticións dos centros escolares.
Pleno extraordinario en Xinzo de Limia a favor das peticións dos centros escolares.

Aprobouse por maioría en pleno extraordinario no concello unha moción conxunta de todos os partidos políticos pertencentes para que a Consellería teña en conta as medidas propostas cara a un inicio de curso 2020/2021 seguro e nas millores condicións posibles. 

Ante as demandas realizadas polo IES (Instituto de Educación Secundaria) Cidade de Antioquía e o CEIP Rosalía de Castro, o pleno aceptou por maioría varias medidas para comunicarlle directamente á Consellería de Educación e asegurar o seu cumplimento. 

Entre elas destacamos destacan a esixencia do cumplimento das demandas que con anterioridade foron aportadas por ambos centros da comarca no relativo á dotación de máis prazas docentes, necesarias para cumprir co protocolo establecido asi coma a solicitude de orzamentos públicos por parte da Xunta de Galicia para poder cubrir todos os gastos que, a maiores, orixina a situación sociosanitaria actual, como son: desinfeccións periódicas, limpeza, mantemento de infraestruturas e persoal necesario. 

Na mesma liña, solicitan por de manifesto á necesidade de recursos adicionais para promover, de xeito seguro, medioa como a conciliación familiar mediante, o transporte ou o  servizo de comedor. 

Consta tamén, como lembrou Elvira Lama, o ofrecemento que fixo o concello para a cesión de varias aulas na Casa da Cultura e en diversos Centros Sociais co fin de empregarse pola Consellería de Educación no desdobre de grupos. A resposta foi contundente segundo a lectura da alcaldesa, xa que os  obxectivos do protocolo son minimizar os riscos na escola pero, de momento, non aceptaron. A alcaldesa do Concello de Xinzo, deixou claro que "recolleremos todas as peticións que nos cheguen, tanto de docentes como de nais e pais". 

O voceiro do Partido Popular, Antonio Fernandez Veiga, deixou claro que "apoiamos a toda a comunidade educativa e seguiremos asistindo a todas as mobilizacións que se propoñan porque as súas peticións son moi razoables."  Do mesmo xeito, asegurou no pleno que "a Consellería ten que pensar todo isto e chegar a un bo porto para todos", votando a favor tamén da moción urxente sobre o inicio de curso 2020/2021.

Montse Lama, voceira de Ciudadanos, votou a favor da moción e destacou que, a día de hoxe, xa contamos con un caso de illamento en Maristas asi coma outro no colexio Santo Ángel como primeiros dos grumos escolares. "Os centros educativos poñen todo o esforzo para atender a todas as medidas que son axeitadas pero, lamentablemente, non son suficientes." sentenciou. 

Comentarios