miércoles 12/8/20
Pleno

Pleno extraordinario en Xinzo para aprobar o Plan Económico Financeiro

A celebración da sesión plenaria terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello ás 9:30 horas

Imaxe de arquivo dun pleno anterior en Xinzo.
Imaxe de arquivo dun pleno anterior en Xinzo.

O alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, vén de convocar un plenario extraordinario para este xoves, día 27 de abril, con motivo da necesidade de aprobación do Plan Económico Financeiro do concello limián.

A celebración da sesión plenaria terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello ás 9:30 horas do día 27 en primeira convocatoria ou dous días despois á mesma hora no caso de non obterse o quorum suficiente para a celebración da sesión.

Comentarios