O pleno municipal de Xinzo solicita un reforzo de persoal e equipamento no centro de saúde

pleno
O pleno municipal de Xinzo solicita un reforzo de persoal e equipamento no centro de saúde

A sesión plenaria que se celebrou na tarde do luns, aprobou unha iniciativa conxunta para instar á Consellería de Sanidade a que tomen medidas urxentes no centro de saúde de Xinzo, atendendo a unha moción presentada por Xinzo Adiante.

O que se pretende é recuperar a enfermeira no servizo de pediatría para así dar unha atencion óptima a tódolos pacientes. Outras das solicitudes ten que ver co reforzo do equipamento médico en concreto con cambiar o aparello de Raios X. O que hai no centro de saúde non funciona e polo tanto non se pode prestar este servizo médico.

A última petición en relación coa sanidade ten que ver co feito de que Xinzo conte cunha unidade de hospitalizació a domicilio de coidados paliativos. Unha petición que levan tempo reclamando tanto autoridades políticas como veciños e veciñas pero que polo momento a Xunta non atendeu.

O pleno seguiu cunha denuncia do grupo Xinzo Adiante na que deixaron constancia de que o Concello non retirou por completo a area usada para o circo romano na festa do Esquecemento. Dende XA manteñen que supón un perigo e un malestar para os vehículos que circulan pola zona. Pola súa parte o alcalde comprometeuse a acometer os labores de limpeza precisos.

Pola súa banda o grupo municipal socialista trasladoulle ó equipo de goberno o mal estado das instalacións das pisicinas exteriores municipais.

pisci 1

A portavoz Elvira Lama, preguntoulle ó rexedor si era consciente de tal situación. Antonio Pérez sinalou que non lle consta que as instalacións da piscina estean en malas condicións e destacou que "o que si sei é que os controis de sanidade pasounos e que este ano temos récord de usuarios".

Camiños escolares seguros

Os socialistas aproveitaron para agradecer que se tivera en conta a súa moción sobre a posta en marcha de camiños escolares seguros. Neste senso o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Cabas, apuntou que están traballando neste eido e na vindeira semana terá lugar unha xuntanza no colexio Carlos Casares.

Acudirán profesores de ambas escolas e efectivos de seguridade. A finais de setembro vaise celebrar unha convivencia entre os máis pequenos e membros de Garda Civil, Protección Civil e Policía Local. O obxectivo é educar ós máis cativo en materia de seguridade.