Pleno de puro trámite

Pais e nais do conservatorio asisten oó pleno
Pleno de puro trámite

Algúns concelleiros da oposición non entende a reordenación de volumes a aprobar entre a Avd/ Ourense e pista Os Castros.

O que a priori parecía que ía a ser un pleno movido, pola presenza dunha representación dos país e nais do conservatorio de Xinzo, pasou a ser un dos plenos mais tranquilos.

Como era de espererar nos puntos a tratar que incluían votación, os membros do goberno deron o seu voto positivo , Paco (APGa) e Teresa (Independentes da Limia) abstivéronse e Elvira Lama(PSOE) votou a favor na primeira proposta de Modificación de alineacion nunha paraxe de Damil, e abstívose na segunda respecto a reordenación de volumes na avd/ de Ourense coa pista dos Castros, por non entender ben esa cuestión e ver oscuros intereses nesa reordenación, que algún dia sairán a luz. Os demais grupos votaron en contra despois de pedir explicacións a Presidencia remitíndoos esta a comisión de Urbanismo, cuestión que segiu sin convencer a estes concelleiros.

No momento das preguntas o Sr. Pérez Campos reclamou información sobre a situación do conservatorio no tocante ós profesores e foi nese punto cando os asistentes fixéronse ver con mais contundencia, pero sen alterar en ningún momento a marcha do pleno.

Como a cuestión única é que o concello non pode contratar a ninguén, o alcalde ofreceulle o Sr. Pérez Campos esa atribución para que fose el quen a fixera. O concelleiro da oposición loxicamente rexeitou esta solución.

O alcalde ofreceuse a recibir a unha representación dos presentes unha vez rematado o pleno, cousa que así ocurriu, dando todas as explicacións pertinentes e quedando cos interlocutores que nun prazo de dous tres días podería darlle unha resposta, que el entendía sería positiva, para que a partir dese momento as clases sigan o seu curso normal.