jueves 20.02.2020

O pleno remata coa reprobación de Elvira Lama ante a sorpresa de toda a oposición

Isto ven dunhas declaracións da socialista chamando mentiroso ó Presidente da Xunta en relación á xestión do regadío

O pleno remata coa reprobación de Elvira Lama ante a sorpresa de toda a oposición

    O pleno municipal rematou coa reprobación por sorpresa da voceira socialista, Elvira Lama. O rexedor tomou a decisión que contou cos votos só do Partido Popular. Fíxoo apoiándose na moción presentada polos socialistas na que tildaban de mentiroso ó Presidente da Xunta cando declarou que incluiría unha partida nos orzamentos xerais para o regadío da Limia.

Elvira Lama2

As palabras de Núñez Feijoo foran dadas na inauguración do Museo do Entroido. Días despois Elvira Lama como portavoz, facía público o documento no que os socialistas reprochaban a actitude de Feijoo e acusábao de mentir. Antonio Pérez botoulle en cara a Lama que se anticipe ós feitos pois segundo confirmou o rexedor, a Xunta inclúe unha partida, para este ano,  de cincocentos mil euros destinados ó plan de regadío na zona. 

Outros dos feitos que propiciou esta chamada de atención pública, foi que segundo destacou o alcalde, Elvira Lama votou en contra de subvencións para o Conservatorio e a Escola de Música na Deputación de Ourense. Neste senso a socialista quixo destacar que votou en contra da xestión non das institucións musicais de Xinzo. 

O certo é que a tensión entre ámbolos dous estivo presente durante gran parte da sesión plenaria e tras este enfrontamento, Elvira Lama acabou abandonando o pleno por decisión propia. 

Comentarios