sábado 26/9/20

O pleno de Xinzo solicítalle a María do Ceo a cesión dos dereitos da súa canción sobre a vila

A intención é que o tema da artista portuguesa opte a ser o himno de Xinzo

O pleno de Xinzo solicítalle a María do Ceo a cesión dos dereitos da súa canción sobre a vila

    Esta mañá celebrouse un pleno no concello de Xinzo que estivo marcado polas propostas de caracter cultural. 

 Por unha banda aprobouse solicitar á cantante María do Ceo, que ceda os dereitos da súa canción "Xinzo". Deste xeito quérese avanzar no camiño de buscar un himno para a vila, contando con este tema como primeira opción. Así as cousas, a convocatoria está aberta e dende o Concello sinalan que calquera que o desexe poderá presentar a súa composición musical para tal fin. O alcalde anunciou que se abrirá un prazo para recibir esas solicitudes que se formulará tras a súa aparición no Boletín Oficial da Provincia. 

O pleno tamén aprobou por unanimidade a iniciativa de Xinzo Adiante para solicitar á Real Academia Galega, que se lle adique a Carlos Casares o día das Letras Galegas de 2017. De ser así, a data coincidiría co 50 aniversario da publicación de "Vento Ferido", a primeira obra do escritor limiao de crianza. 

A formación Xinzo Adiante presentou unha moción urxente en materia de normalización lingüística. A intención é instar ó Concello para que poña en marcha un plan de dinamización da lingua galega contando cun servizo que non supoña custe algún para as arcas municipais. Neste senso, a proposta foi apoiada tamén por unanimidade. 

Comentarios