sábado 22.02.2020

A Policía Local celebrou o día do Patrón S.Sebastián con procesión, misa solemne e comida oficial

Acompañáronos membros das forzas de seguridade e a corporación local
A Policía Local celebrou o día do Patrón S.Sebastián con procesión, misa solemne e comida oficial

Procesión misa e comida oficial

1

Na mañá de hoxe a Policía Local de Xinzo con uniforme de gala procesionou ao seu patrón  partindo do Concello ata o grupo S. Sebastián para entrar logo na Igrexa Nova.

Á celebración oficial, procesión e misa solemne, asistiron representantes da corporación local encabezados pola alcaldesa Elvira Lama. O oficiante foi o párroco da parroquia D. Jaime Collazo. Ao longo da procesión o son puxérono a banda de gaitas de Xinzo e a Agrupación Musical da Limia.

COMIDA OFICIAL

Rematados os actos litúrxicos a corporación local e os membros da Policía Local e invitados deron conta dun xantar nun restaurante do casco vello co que remataron os actos de celebración do día do patrón de Xinzo e dos membros da Policía Local.

652