lunes 30/11/20
A PARTIR DÁS 11:00

Policía Local, Garda Civil e Protección Civil ofrecerán mascarillas aos nenos e nenas que salgan a pasear

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, que firmou hoxe un bando coas condicións das saídas
Foto arquivo
Foto arquivo

Axentes da Policía Local, Garda Civil e voluntarios de Protección Civil repartirán mañá mascarillas entre os nenos e nenas que salga a rúa. Esta acción forma parte do operativo do Concello de Xinzo para que mañá, primeiro día de saída dos e das menores a rúa, todo transcorra con normalidade, asegurándose en cada momento do cumprimento das directrices das autoridades sanitarias.

Durante os últimos días, intensificáronse as labores de desinfección de rúas, tanto cos tractores de agricultores como cun vehículo da Demarcación de Estradas que se deprazou á vila.  Ademais, a brigada municipal procedeu a precintar os espazos recreativos infantís, mentres que mañá pola mañá desinfectará os lugares nos que se prevé unha maior tránsito de menores acompañados de adultos, especialmente as zonas verdes autorizadas.

Xa por último, a través das súas redes sociais e a páxina web municipal, trasladou a toda a cidadanía as condicións en que poden saír a pasear os nenos e nenas da vila.

En total, este operativo mobilizará mañá a unha veintena de persoas, entre Policía Local, Garda Civil, voluntarios de Protección Civil e brigada municipal.

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, que firmou hoxe un bando coas condicións das saídas, apela á responsabilidade dos adultos que acompañen aos rapaces e valora positivamente a decisión de que despois de tantos días de confinamento podan por fin saír a rúa, aínda que so sexa a dar paseos controlados.

En todo caso, considera que o importante é seguir a garantir a seguridade de todos e todas e controlar a pandemia, eloxiando o comportamento cívico e responsable que está a manter a veciñanza de Xinzo.