sábado 5/12/20
Pide a poboación que se manteñan no seu entorno máis estrito, incrementando a protección propia e dos seus-Elvira Lama

Entre os positivos do domingo, asintomático, hai un usuario da piscina municipal de Xinzo

Segundo as autoridades sanitarias NON é preciso pechar a instalación.

Elvira Lama
Elvira Lama

Despois dos resultados comunicados ao Concello dos 7 positivos Elvira Lama manifestou que neste momento a incidencia que temos correspondería a 830 contaxiados por 100.000 habitantes, unha taxa que a todas luces e moi grande.

Esta mesma mañá se puxo en contacto coas autoridades sanitarias para preguntar, que é o que temos que facer a maiores do que xa estamos a facer, para que esta taxa baixe o antes posible.

Tamén lle pide a poboación que se manteñan no seu entorno máis estrito incrementando a protección propia e dos seus.