jueves 15/4/21

Presentado o informe sobre o estado das árbores dos parques de Xinzo

Non están tan mal como se esperaba

IMG_20210302_204531
Asistentes a presentación

O concello de Xinzo quería saber como se encontraban, en todos os seus apartados as árbores dos principais parques da vila. Solicitou un Informe a un doutor agrario e forestal e un  enxeñeiro  técnico forestal, os cales presentaron  un informe de estabilidade e risco, das árbores presentes nos parques da vila.

ACTUACIÓNS MÁIS URXENTES

Na reunión levada a cabo na tarde noite de onte martes na casa da Cultura, ante unha vintena de veciños e veciñas, todas elas interesadas no tema, os técnico informaron polo miúdo das actuacións prioritarias e urxentes a levar a cabo nas diferentes actuacións, nos diferentes parques.

Estas actuacións urxentes, segundo os técnicos redactores do informen veñen debidas as técnicas abusivas e invasoras que se viñeron facendo no pasado, ou ben, que se deixaron de facer, o cal da como resultado a situación actual.

VAI HABER ACTUACIÓNS INMINENTES, POLOS RISCOS QUE SE CORREN

IMG_20210302_192741O que veñen é de informar  é de como está a situación real das nosas árbores e que actuacións deberíamos levar a cabo para o mantemento e o mellor estado dos nosos parques.

A partir  do estudo, en función do que se teña que sanear e quitar teremos que repoñer e facer uns deseños, porque tal e como acaban de indicar hai parques que teñen exceso de árbores e poucos arbustos que ofrezan outro colorido, facendo desta maneira entornas máis agradables e mais saudables, tendo en conta a necesidade que temos de saír a estes entornas nestes tempos de pandemia. (Elvira Lama)

Non están tan mal como se esperaba, a valoración é positiva

Como resumo da charla ofrecida polos autores do estudo Gaspar e Adolfo, a situación das árbores poderíamo de cualificar de máis positiva que negativa. Aínda que hai que tomar medidas “drásticas” con algúns exemplares, e despois de comprobar o pouco, que se fixo para manter a saúde dos exemplares que temos nos diferentes parque pódese concluír, que, nin tan mal.

No informe, hai árbores que están mortos e outros e moi mal estado, cuxa actuación ten que ser urxente e outros que ao longo dos próximos 4 anos hai que cambiar por outras especies máis adaptadas ao entorno.

Felicitacións dos presentes

Os asistentes a charla de presentación, os veciños e veciñas que asistiron a mesma felicitaron aos técnicos, non polo seus traballo, se non pola maneira de presentar os resultados a os veciños, e ao concello pola iniciativa.