jueves 15/4/21
Primeiro pleno telemático, coa maioría dos concelleiros presentes

O presuposto de 2021 terá o capítulo de inversión real máis elevado da historia: case 1 millón de euros

Montse Lama, concelleira non adscrita votou a favor
Captura de pantalla 2021-02-25 164122
Captura foto salón de plenos 25.02.21

O Concello de Xinzo aprobou hoxe o seu presuposto para o próximo ano, que ascende a 8.000.000 de euros en canto ao capítulo de gastos e a 8. 476.000 no capítulo de ingresos. A diferenza entre ambas cantidades ten que ver coa recomendación do Ministerio de Facenda de reducir nun 3% o gastos de persoal e corrente, como parte do plan de axuste ao que estará sometido o Concello ata o ano 2022 debido a mala situación económica na que se atopaba.

Captura de pantalla 2021-02-25 164451

Pese a ese plan de axuste, o orzamento aprobado hoxe por todos os grupos municipais da corporación salvo o PP, incorpora ao capítulo de inversións reais a contía máis elevada da historia, con case un millón de euros (962.750), que se suman as cantidades destinadas a axudas para asociacións e entidades ou ao fondo de continxencias. Ademais, tal e como avanzou a alcaldesa durante a sesión plenaria, o goberno local aprobará cantas modificacións de crédito sexan necesaria para habilitar axudas que palíen os efectos da crise sanitaria e económica.

Elvira Lama agradeceu o apoio ás contas municipais por parte da concelleira non adscrita Montse Lama, o que contrapuxo tanto co voto contrario do PP como coa decisión da CIG de recorrer a aprobación do orzamento.

“Votar en contra deste orzamento ou pretender que se atrase a súa aprobación é querer prolongar a agonía de moita xente, veciños e veciñas nosas, que agardan por axudas como as que incluímos nestas contas”, explicou Lama ao remate do pleno, sobre a impugnación da CIGA

O presuposto de 2021 terá o capítulo de inversión real máis elevado da historia: case 1...