jueves 09.04.2020

Preto de 150.000 euros para mellorar a seguridade viaria en Xinzo

A Xunta inverte na construción dunha glorieta na estrada de Bande onde conflúen tres viarios REDACCIÓN [email protected] O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio...
SONY DSC
SONY DSC

A Xunta inverte na construción dunha glorieta na estrada de Bande onde conflúen tres viarios

REDACCIÓN

[email protected]

O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asinou esta mañá co rexedor limiao, Antonio Pérez un convenio de colaboración para mellorar a estrada que vai a Bande, a OU-301. A actuación desenvolverase concretamente no punto quilométrico 0+770 coa construción dunha glorieta e así, mellorar a seguridade viaria.

Concretamente nesta intersección da estrada OU-301, nos límites urbanos da vila, conflúen tres viarios: o das rúas Pista da Armada e Dous de Maio e a estrada provincial OU-1112. Na actualidade, este tramo de cinco saídas resólvese mediante un carril de xiro.

Hernández explicou que a reforma desta intersección ten como finalidade mellorar a seguridade viaria mediante o deseño e construción dunha glorieta que distribúa a circulación. Así mesmo, ampliarase a calzada nos treitos nos que sexa necesario e rehabilitarase o firme existente.

Outras actuacións en Xinzo

Hernández tamén lembrou que o seu departamento ten en marcha obras no concello de Xinzo por importe de máis de 500.000 euros que permitirán mellorar o saneamento de diferentes zonas do municipio, como é o caso da conexión do Pobo da Pena coa depuradora de Trandeiras e o colector xeral de San Pedro de Laroá, dúas actuacións que estarán rematadas o vindeiro mes de maio.

Comentarios