martes 11/5/21

O primeiro curso universitario para maiores de 50 anos en Xinzo remata cun rotundo éxito cubrindo todas as prazas

A última sesión da programación está prevista para o 24 de abril
Curso da USC sobre patrimonio en Xinzo
Curso da USC sobre patrimonio en Xinzo

O patrimonio cultural de Xinzo de Limia foi hoxe o eixe central das xornadas de formación para maiores de 50 anos que levan por título “Camiños de coñecemento e experiencia” e que promove a USC na vila. Pola mañá, as clases foron teóricas, na Casa da Cultura, pero xa pola tarde realizouse  unha visita guiada a algúns dos tesouros culturais desta terra, como  á Pedra Alta de Antela e aos  Miliarios de Vilariño das Poldras. Carolina Casal Chico, doutora en arte medieval pola USC, dirixiu a xornada.

Clase teórica do curso da USC

Este o primeiro dos tres cursos que impartirá a Universidade de Santiago de Compostela para maiores de 50 ano en Xinzo. A criminoloxía e a política criminal serán os temas principais da próxima xornada, programada  para o 17 de abril e na que se incluirá unha sesión práctica para a resolución de casos e análise de pegadas dactilares da man da experta Ana Moure Soengas, graduada en Ciencias Políticas e Criminoloxía.

Curso da USC no exterior

A última sesión da programación está prevista para o 24 de abril e falarase sobre as medidas preventivas fronte ao contaxio de enfermidades no que poderán participar os asistentes cun debate. Sergio Cinza Sanjurjo, médico de Atención Primaria, dirixirá o encontro.