Primeiro encontro de autocaravanas no entroido de Xinzo

IMG_2220
Primeiro encontro de autocaravanas no entroido de Xinzo

Este foi o primeiro paso para que Xinzo conte en pouco tempo cunha área para este tipo de turismo

ESTE É UN ESTACIONAMENTO \“BÁRBARO\”

Así definía Paco, o presidente De AGA, Asoc. Galega de Autocarvanas, o lugar escollido polo Concello de Xinzo, para o seu acomodo.

Todo xurdiu por parte dun dos nosos afiliados Carlos, Policía Local, que dende o momento en que nos invitou, removeu todo o que fixo falta para, que nesta urbanización totalmente preparada, viñeramos nos a plantar os chales.

É a primeira vez que se organiza unha mini concentración en Xinzo con motivo do entroido, pero esperamos que non sexa a última.

Pensan reunir a máis de 30 autocarabans de Galicia e Portugal. A asociación que el preside é a máis numerosa de todas as autonomías españolas.

Como dixen o principio, isto está bárbaro, auga corrente para as autocaravanas, e desaugues, tanto para augas grises como as de residuos.

UNHA MEDIA DE 150/200€ NUN FIN DE SEMANA.

IMG_2290 Errejota Yacaré, outro dos que se trasladaron dende A Coruña, di que preto dos douscentos euros é o gasto por autocarabana cada fin de semana. Nós, non solo comemos e ceamos fora, se non que vimos a divertirnos e participar no entroido (as instantáneas así o demostran), e tamén vamos de viños e de tapas, que é o que máis nos gusta.

AUTOCARVANA NON É O MESMO QUE CARAVANA

Tanto Yacaré como Paco insisten moito en que non é o mesmo unha cousa que outra. Nos levamos autocaravanas, que segundo o regulamento de tráfico e un vehículo como outro calquera., polo que podemos estacionar onde o poida facer calquera outro. As caravanas son remolques, con outras características e por suposto con outras connotacións.IMG_2217

O CONCELLO TEN UNHA PROPOSTA PARA FACER UN ÁREA PARA AUTOCARAVANAS

Segundo comenta Carlos, veciño e propietario dunha autocaravana, estase a presentar no concello unha proposta por parte de AGA, para que no ano que ven esta sexa unha realidade. En Galicia hai xa 104 áreas e está previsto abrir no 2016 4 ou 5 máis, e en carteira 47.