miércoles 5/8/20

As probas da ABAU, por primeira vez en Xinzo

Nos IES Lagoa e Antioquía

Hoxe ás nove da mañá todo eran nervios, tanto por parte dos 149 alumnos e alumnas de bacharelato de Verín, Bande Allariz e Xinzo como por parte do profesorado que a maioría era a primeira vez que se viron no “fregado” de organizar estas probas tan importantes, que decidirán o futuro do alumnado que hoxe e mañá sufrirán os calores e suores destas ocasións.

PROTOCOLO MOI ESTRICO TANTO A ENTRADA COMO A SAÍDA

O primeiro que lles transmitiron os profesores a entrada foi o de que se tranquilizaran. Non foron poucos os que non atopaban o DNI, requisito imprescindible para poder pasar o salón, neste caso ximnasio, de exame.