domingo 24/1/21
As intencións de Eloína Núñez, convértense en realidade

O PSOE CONFIRMA QUE DENDE O VENRRES OS PACIENTES DA COMARCA DA LIMIA IRAN O HOSPITAL A VERIN EN VEZ DE O HOSPITAL A OURENSE

Os socialistas da Limia reclaman dos alcaldes a súa posición en contra, por ser perxudicial para a saúde e os intereses dos veciños, e inician una campaña de recollida de sinaturas

ELVIRA LAMA, voceira do PSOE
ELVIRA LAMA, voceira do PSOE

As intencións de Eloína Núñez, convértense en realidade ,e fan que os pacientes da Limia vaian o Hospital de Verín en  lugar de a Ourense como foron sempre.

Elvira Lama , voceira dos socialistas no concello de Xinzo, di ter constancia das escuras intencións da Xerente do CHUO Eloína Núñez, tal como avanzaba ai unha semana. “Os peores presaxios están a ser confirmados, polos facultativos da comarca da Limia , dende hoxe venres sas dúas da tarde, os pacientes de especialidades como medicina interna e neuroloxía, xa van ser derivados ao Hospital de Verín, e xa non iran o Hospital de Ourense como foron sempre”.

Este cambio obedece a situación de caos e colapso que están a sufrir os servizos de urxencias de Ourense, e tamén nos servizos de medicina interna e neuroloxía, dous dos mais demandados, onde non  se repoñen  facultativos, o persoal de atención diaria é insuficiente para o elevado numero de pacientes e mesmo escasea o material.

A pésima e nefasta política sanitaria que esta aplicando o goberno do PP e o seu brazo armado nesta provincia por parte da prima do Presidente Feijoo, váialle saír moi cara os veciños da Limia , xa que dende hoxe,  teñen que ir a Verín en lugar de ser tratados en Ourense como sempre.

De nada serviu a carta asinada e remitida polos distintos facultativos dos centros de saúde dos concellos da Limia, nin as aclaracións de que se vai incrementar os custes para as familias ante a falta de trasporte coa mesma frecuencia que a Ourense, nin que eses pacientes volvan as consultas, moitas veces con patoloxías agravadas e que non fan mais que encarecer e prolongar as doenzas, de unha poboación dispersa en 11 concellos e mais de un centenar de pobos, moitos deles a mais de 1 hora de distancia de Verín e a 15 minutos de Ourense.

Os socialistas iniciaran campaña de recollida de sinaturas, en tódolos Concellos e non descartan sair a rúas para que esta decisión precipitada e irresponsable da Sr Eloina Núñez, que so responde o intento por desatascar o Hospital de Ourense, poda mudar.Lama di que “ é unha medida aloucada, feita as presas, mentres os alcaldes mudos e impasibles están a obedecer a cegas o que manda a Xerente, permanecendo calados , como si nada do que lles pase os veciños lles importara.

Comentarios