O PSOE de Xinzo considera que o Concello mentiu sobre a organización das festas patronais

bla
O PSOE de Xinzo considera que o Concello mentiu sobre a organización das festas patronais

Os socialistas manteñen que non foron convidados a unha xuntanza para por en marcha a Santa Mariña

A portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Xinzo considera un "insulto grave" que culpen á oposición de falta de interese polas festas da vila. Elvira Lama sinala que "non é de recibo que se acuse ós demais da incompetencia do grupo de goberno e en especial do concelleiro de Deporte e Festexos\”.

bla

Os socialistas destacan que non foron convidados en ningún momento a unha xuntanza para preparar as festas de Santa Mariña. Din que no seu momento pediron información sobre a posible comisión de festas e sobre os orzamentos destinados ás mesmas así como a programación cultural e deportiva de todo o verán, do cal din, aínda seguen esperando unha resposta.

\“Non é de recibo que quen ostenta o cargo e o encargo de gobernar o Concello culpabilice ós membros da oposición da súa propia incompetencia, non hai máis que saír ás rúas de Xinzo para ver que cada vez é menos vila e máis aldea, sen proxecto de futuro, sen oferta de ocio, sen oferta cultural, sen atractivo que permita dicir a calquera veciño que non marche a outras vilas ou ofertarlle á xente de fóra un motivo para vir a Xinzo\”, destacan.

Ante estes feitos, os socialistas esíxenlle ó Concello unha rectificación persoal e pública "asumindo a súa falta de capacidade e diálogo, por non ser quen de dicir eu só non podo, os meus non me axudan, botádeme una man e propoñede algunha idea\”, matizan dende o PSOE de Xinzo.