2 de febrero de 2018, 1:13
Antonio Pérez afirmou hoxe que nunca houbera intención de comezar as obras de reforma da rúa do Peto nas festas do Entroido.
A empresa adxudicataria comezará as mesmas pasadas as festas do Entroido. O que estaba pendente para poder adxudicalas era o informe positivo de Patrimonio, que xa está nas mans do Concello.
A RÚA DA IGREXA PENDENTE DO INFORME
No que respecta a rúa da Igrexa “estamos pendentes dos informes. Xa se fixeron algunhas prospeccións e espérase que tamén sexan positivos para comezar tamén despois das festas.