jueves 09.07.2020
Nadal

Os Reis Magos de Oriente percorrerán Xinzo mañá pola tarde

Ao remate da cabalgata haberá xornada de portas abertas en Limialandia.

Cartaz promocional da cabalgata de Reis.
Cartaz promocional da cabalgata de Reis.

Os Reis Magos de Oriente farán unha parada en Xinzo de Limia pouco antes de percorrer as casas de todos os nenos do mundo para lles deixar os seus agasallos. Será pola tardiña facendo un percorrido dende a Casa da Cultura até o Pazo Municipal de Deportes. 

A viaxe comezará ás 17 horas da tarde e pasarán por Curros Enríquez, Avd. Madrid, Dous de Maio, Ladeira –onde farán unha parada nos centros de maiores–, Río Miño, Río Támega –con parada no Centro Sociocomunitario–, Dous de Maio e Pazo Municipal de Deportes. 

Ao remate da cabalgata, haberá xornada de portas abertas no recinto de Limialandia para todos os nenos e nenas (e tamén maiores) que queiran desfrutar antes da noite de Reis. A cabalgata está organizada polo Concello de Xinzo de Limia.

Comentarios