jueves 15/4/21

Os "Reis Magos" xa están a descansar para esta noite

Estiveron  na praza Carlos Casares e no pavillón de deportes

Instantánea - 272-dendealimia

Pasadas as 5 da tarde os 3 reis de Oriente saíron nunha mesma carroza acompañados dos seus "pages" para dende a praza Carlos Casares e despois de achegarse a praza Maior seguir camiño ata o pavillón de deportes, que xa estaba ateigado de rapaces e rapazas, acompañados polos seus familiares, esperábanos.

Instantánea - 274

Na entrada o recinto déronlle a benvida os concelleiros de Educación e Cultura, para acompañalos a eles e o seu séquito, do que formaba parte a cantante Miriam Salgado, ata o estrado onde estiveron presenciando as distintas actuacións que a Concellería de Cultura lle tiñan preparado, denantes de comezar a recibir primeiro os mais cativos e logo a todos os nenos e nenas que quixeron achegarse para uns saudalos, outros bicalos e outros subirse aos seus colos para ser fotografados polos seus pais.

Instantánea - 273

Para visualizar unha galería de imaxes prema aqui