Rematou o Entroido 2019 co desfile en domingo de Piñata

IMG_1357
Rematou o Entroido 2019 co desfile en domingo de Piñata

Grave incidente cos cabalos

Moito público e moitos participantes.

Nunha mañá soleada, cunha temperatura, que case non acordamos nun desfile de Entroido, máis dun cento de Pantallas abriron o desfile, nun domingo de Piñata que quedará para a historia do noso Entroido.

Varias son as razóns polas que o desfile deste ano quedará para o recordo, unhas positivas, a do día e a hora da celebración, que por mor da auga trasladouse a este domingo último e que despois do éxito acadado as comisións vindeiras mirarán ben de ver de trasladar o desfile a esta data.

Moitísima xente vendo o desfile

Unha das razóns a estudar será a da afluencia de público, que este ano foi masiva. Moita xente que xa veu de mañá e que quedo na vila, co cal a hostalaría tivo un día máis de abarrote a hora do medio día, cousa que non sabemos ben si “o merecen”, pero disto falaremos máis adiante.

Pola outra banda sucedeu o que xa nos últimos anos se ven avisando no tocante a que os cabalos participen no desfile. Sabemos que comisións anteriores intentaron que estes non participaran polos riscos que corren, tanto os cabalos, como o público que asiste ao desfile, pero co que nunca se contou foi co risco dos xinetes. Por desgraza este ano houbo dous incidentes, un deles moi grave. Por mor do ruído das Pantallas, no comezo do desfile un dos cabalos asustouse e caíu ao chan arrastrando con el ao xinete. Atendido no chan polos voluntarios de Protección Civil e vendo que as lesións e contusións necesitaban atención médica avisaron ao 061 que tivo que mandar una ambulancia dende Allariz, posto que a de Xinzo estaba ocupada. O tempo para os que esperaban fíxose eterno. O xinete ferido foi trasladado a un centro hospitalario de Ourense.

Pero si isto non fora xa grave, ao final do desfile outro cabalo espantouse e fíxolle desperfectos a un coche que estaba aparcado a altura do parque do Pombal una vez finalizado o desfile.