martes 11/5/21

REMATOU O OBRADOIRO DE XINZO E BALTAR

O custe total das actuacións ascenderon a 86.000 €

acto fin obradoiro emprego
acto fin obradoiro emprego

No salón de plenos de Xinzo realizouse o acto de clausura do obradoiro  de emprego coa presenza do Delegado da Xunta, Rogelio Martínez e os alcaldes de Baltar e Xinzo.

O alcalde de Xinzo quixo destacar o esforzo e o bo traballo realizado por tódolos alumnos. Rogelio Martínez, no seu discurso  destacou tres dos obxectivos principais destas actuacións, cales son :

1. Formar a xente para conseguir unha boa inserción laboral no mercado e conseguir un Certificado de Profesionalidade.

2. Facer 6 meses de actividades para o servizo dos seus veciños.

3. 6 meses de remuneración que permite achegar unha nómina a final de mes a cada familia.

As actuacións levadas a cabo nos dous concellos foron, por parte de Xinzo

- Beirarrúa marxe dereita rúa Padre Feijoo

- Rehabilitación integral do Centro Social da Gorgoloza

- Mellora dos parques e zonas axardinadas do Concello

 No concello de Baltar realizáronse as seguintes actuacións:

- Beirarrúa en Sampaio

- Beirarrúa en a Boullosa

- Mantemento de xardíns e áreas recreativas

Comentarios