14 de julio de 2022, 18:10
Co fin de favorecer a seguridade e a mobilidade nestas datas, está previsto restrinxir o tráfico de vehículos nas rúas do casco histórico, dende as 13.00 horas do día 16 ata as 7.00 horas do día 19.
O Concello informa aos veciños de que en caso de ter que acceder por razóns de urxencia ou motivo puntual poden poñerse en contacto coa Policía Local no teléfono 626 998 060, para facilitar a entrada na zona.
Os cortes de tráfico realizaranse en San Roque, Lepanto, Romero Nieto, Igrexa e Santa Mariña.
A Praza Maior, a rúa Alexandre Bóveda, e as prazas de Oriente, Carlos Casares e Xoan III serán os puntos neurálxicos nos que se agardan as diferentes actuacións.