Restricións de tráfico en Xinzo o domingo a mañá

cortes de tráfico en Xinzo
Restricións de tráfico en Xinzo o domingo a mañá

A Carreira Popular Xinzo de Limia, con dez quilómetros de percorrido, obrigará a restrinxir a circulación de vehículos en oito rúas

Con dez quilómetros de percorrido, a Carreira Popular Xinzo de Limia fará da vila o punto de encontro de deportistas chegados de diferentes puntos do mapa. A proba celebrarase este domingo e terá o pavillón de deportes como punto de saída. Para que transcorra sen incidencias, será preciso realizar restricións de tráfico e varias rúas permanecerán pechadas á circulación de vehículos dende as 10.20 ata as 11.50 horas. Os condutores deberán buscar rutas alternativas e o Concello fará pública esta información nas súas redes sociais e páxina web, anexando un mapa no que se indica con exactitude as vías polas que se desenvolverá a competición.

cortes de tráfico 2

Máis en concreto, as rúas na que será necesario levar a cabo as restrición son: Dous de maio, Ladeira, Río Sil, Río Limia, Río Miño, Rosalía de Castro, avenida de Madrid e avenida de Ourense.