Reunión de traballo de Gardas Civis en Xinzo

Reunión de traballo de Gardas Civis en Xinzo
Máis dunha vintena de oficiais da Garda Civil mantiveron esta mañá un encontro de traballo en Xinzo de Limia, que presidiu o tenente coronel, Rafael López Pinel.

A reunión comezou pola mañá no salón de plenos da Casa Consistorial e puxéronse sobre a mesa datos de interese para coñecer de maneira exhaustiva o territorio e as súas principais necesidades. Despois desta reunión interna, os axentes tiveron ocasión de realizar unha visita ao Museo do Entroido, na que estiveron acompañados da alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, e os concelleiros Amador Díaz, Ramón Gómez e Rafa Penabad. A rexedora aproveitou a ocasión para reiterar a demanda de que Xinzo se converta en posto principal de mando da Garda Civil. Agora mesmo, depende o posto principal de Celanova.

encontro3
Visita ao Museo do Entroido

Ademais, felicitou ao tenente coronel pola iniciativa de celebrar esta reunión de coordinación en Xinzo, o que permite un mellor coñecemento por parte dos mandos do corpo da realidade da vila e tamén un afondamento na relación entre os máximos responsables da Garda Civil na provincia e a cidadanía.

A xornada de traballo rematou, despois da visita ao Museo Galego do Entroido, cun paseo por Xinzo de Limia e unha comida nun restaurante da localidade.