domingo 24/1/21

A rotonda de acceso ó polígono industrial de Xinzo vaise completar cunha escultura de seis metros

Limuhe é o nome da peza feita por Xosé Lois Carreira

    Limuhe é o nome da escultura que se vai colocar na rotonda situada na intersección da estrada de Vilar de Barrio, enlace da Autovía A-52, co acceso ó polígono empresarial.

dama

Trátase dunha obra que representa a figura femenina ergueita, cos brazos na cintura e cun xesto desafiante. Está composta por dous bloques de granito moreno silvestres das canteiras de Ourense cun acabado de superficie de  cicel, lima, buxarda, pico e punteiro. 

A escultura emerxe dunha longa estela de espirais de agua na que tamén se representan elementos simbólicos de Xinzo como o escudo da vila ou a Pantalla. 

detalles

Limuhe é obra do escultor de Parada de Ribeira, Xosé Lois Carreira que define a peza como unha homenaxe a tódalas mulleres limiás. "Representa as mulleres limiás, na súa máis ou menos extensa feminidade, e que directa ou indirectamente vincularon de xeito decisivo o seu destino, obra e misión coa nosa historia, desde a cultura paleolítica á cidade de Antioquía, pasando pola lenda de Santa Mariña ata Inés de Castro,e sen esquecer a toda a feminidade matriarcal anónima labrega que fixo posible que a meirande parte de nós puidera chegar ata o puxante Xinzo de Limia actua" destaca Carreira.

A Dama da Lagoa presidirá así a entrada a Xinzo de Limia unha vez que rematen as obras na rotonda. 

 

Comentarios