miércoles 30/9/20
Roubo

Rouban un anel de diamantes nunha xoiaría de Xinzo

O anel roubado está valorado en 500 euros e foi substraído polo día, coa xoiaría aberta.

125317_big

Uns ladróns roubaron unha alianza de ouro branco con tres diamantes incrustados nunha xoiería da capital da Limia. O comercio, situado na rúa Otero Pedrayo de Xinzo, atopábase aberto cando se produciu o delicto. Tivo lugar a última hora da mañá do pasado día 8 con varios clientes dentro, situación que os ladróns aproveitaron para substraer o anel sen seren vistos. 

A Garda Civil de Xinzo abriu unha investigación co obxectivo de identificar ao delincuente. Os axentes sospeitan que o ladrón coñece o negocio e que reside na comarca antelá. Polo momento descártase que se trate dunha organización criminal que poida perpetrar máis roubos de xoias na provincia. 

Comentarios