miércoles 30/9/20
O estacionamento está prohibido dende este luns na vía que conecta a Praza Maior co Parque do Toural

Unha nova sinal prohíbe aparcar na rúa San Roque, en Xinzo

Os vehículos estacionados na rúa San Roque dificultaban a circulación dos turismos e mesmo o paso dos peóns: a nova sinalización indica que só se permitirá parar, durante 10 minutos, ós automóbiles que realicen labores de carga e descarga.

 

A rúa San Roque, que conecta a Praza Maior co Parque do Toural, en Xinzo de Limia. | FOTO: Luis Veloso.
A rúa San Roque, que conecta a Praza Maior co Parque do Toural, en Xinzo de Limia. | FOTO: Luis Veloso.

A partir deste luns 17 de agosto, segundo fontes municipais, está oficialmente prohibido o estacionamento na rúa San Roque de Xinzo; si se permite ós automóbiles comerciais parar durante un máximo de 10 minutos para realizar labores de carga e descarga

A sinal colocada hoxe na rúa San Roque (Xinzo) e que indica que só poderán parar, durante 10 minutos, os vehículos que realicen labores de carga e descarga. | FOTO: Luis Veloso.A sinal colocada na rúa San Roque (Xinzo) e que indica que só poderán parar, durante 10 minutos, os vehículos que realicen labores de carga e descarga. | FOTO: Luis Veloso.

A de San Roque é unha das rúas máis transitadas de Xinzo e deixar parar ou estacionar ós vehículos na mesma é unha disputa xa comentada no municipio: algúns comerciantes indicaron que estaba constantemente ocupada por turismos, dificultando así a circulación dos peatóns e doutros automóbiles.

Coa colocación da nova sinal oficialízase o acordo entre o Concello de Xinzo e os propietarios dos comercios e concrétanse as restriccións na vía que conecta a Praza Maior co Parque do Toural. 

Comentarios