martes 21/9/21

A rúa Sitibal completa a súa transformación co soterramento do cableado

Era un dos flecos pendentes para que completar a transformación integral da rúa Sitibal
Sitibal
Sitibal
O soterramento dos cables de Fenosa e Telefónica, que cambiaron a imaxe dunha renovada vía pola que os coches circulan dende o pasado mes de maio. Xunto ca Cepetal, a rúa loce como un amplo vial de 16 metros de ancho, incluídas as aceiras e as prazas de estacionamento. A apertura da rúa Sitibal foi posible despois de meses de traballos nos que se dotou á pista de servizos básicos de saneamento, abastecemento, alumeado e beirarrúas, froito dunha intensa negociación do actual goberno local cos máis de 40 titulares afectados, que accederon á cesión dos metros de fachada que lle corresponden a cada un para dotar ao viario destes servizos, o que tamén revaloriza as súas propiedades.