miércoles 5/8/20

Rubén Riós organiza unha proba en Xinzo na busca de rapazada para un novo proxecto

Rubén Riós organiza unha proba en Xinzo na busca de rapazada para un novo proxecto

    A Casa da Cultura de Xinzo acolle unha proba para buscar 10 candidatos e candidatas para un novo proxecto de Rubén Riós.

Poderán presentarse todas aquelas persoas de entre 12 e 17 anos que teñan algunha habilidade especial en música, danza, pintura ou interpretación. 

As probas terán lugar o sábado 23 dende as 16h ás 19h. O único requisito é que os menores teñen que ir acompañados por un titor ou titora. 

Comentarios