sábado 31/10/20

O SÁBADO 16 VOLVE A FESTA DE S. ROQUE NA RUA E PRAZA DO SEU NOME

As 21,00 celebrarase a misa e procesión na honra de S.Roque na praza do mesmo nome Este ano é o 4º...
cartel s.roque

As 21,00 celebrarase a misa e procesión na honra de S.Roque na praza do mesmo nome

Este ano é o 4º no que se celebrará a xa popular festa do S. Roque que organizan os veciños e comerciantes da rúa e praza. A festa comezará as 12,30 co pasarúas a cargo dos gaiteiros da limia. As 15,00 terá lugar unha comida popular nunha carpa que se instalará na praza e polo módico prezo de 15€, poderse degustar Entrantes, cordeiro, postre cafés e licores. Todo isto regados polos viños dun dos patrocinadores da festa Crego e Monaguillo. As 17,00 comezarán as actividades adicadas ós mais cativos cunha festa da espuma con animación musical e xogos populares. Como xa dixemos as 21,00 será a saída do santo da igrexa, para despois da procesión misa. Para rematar o Trío Sevilla, amenizará a verbena, ata que o corpo aguante.

Comentarios