martes 2/3/21
Suspéndense as feiras quincenais ata novo aviso

Segunda baixada en tres días

20 positivos menos en catro días en Xinzo

1212121
Datos do día 27.01.21

O Concello acaba de dar os datos de contaxios no concello de Xinzo que dan unha foto bastante positiva da situación, dentro da gravidade.

Elvira Lama no seu comunicado agradece o esforzo de todos e todas, porque a inmensa maioría estamos a cumprir desde o luns da semana pasada a recomendación de adiantar o toque de queda ás 20:00 horas. Por iso insistimos en que o sigamos facendo a partir de hoxe, sen agardar ás 22:00 horas.

E tamén hai que agradecer o esforzo dos hostaleiros e os comerciantes, que tamén desde ese mesmo luns, o 18 de xaneiro, xa estaban adiantando o peche dos seus negocios ás 18:00 horas, facendo coincidir co da hostalería.

Remata o comunicado a alcaldesa dicindo que esta é a única forma de irlle gañando pequenas batallas ao virus ata que a vacinación masiva nos permita gañarlle a guerra.

Máís recomendacións e medidas a adoptar:

Por iso, vamos a seguir adoptando medidas e recomendacións adicionais, como as seguintes:

Adiantar o toque de queda as 20:00 horas.

Pechar de parques infantís e pistas deportivas.

Suspender toda actividade cultural organizada polo concello.

Suspender as feiras quincenais ata novo aviso.