viernes 14/5/21
A proposta desenvolverase de 10:00 a 11:30 horas e de 16:30 a 18:00 horas.

Un seminario sobre o patrimonio cultural de Xinzo inaugurará mañá as xornadas para maiores de 50 anos que promove a USC na vila

A proposta leva por título “Camiños de coñecemento e experiencia” e terá como escenario a Casa da Cultura durante os próximos tres sábados
161351049_1405170369817999_1968738764500698792_n

O patrimonio cultural de Xinzo de Limia será mañá o eixe central das xornadas de formación para maiores de 50 anos que levan por título “Camiños de coñecemento e experiencia” e que promove a USC na vila. Para a posta en valor dos tesouros culturais desta terra incluirase unha visita guiada da Pedra Alta de Antela aos Miliarios de Vilariño das Poldras. Carolina Casal Chico, doutora en arte medieval pola USC, dirixirá a xornada, que terá como escenario a Casa da Cultura. A proposta desenvolverase de 10:00 a 11:30 horas e de 16:30 a 18:00 horas.

A criminoloxía e a política criminal serán os temas principais das xornadas na charla programada para o 17 de abril e na que se incluirá unha sesión práctica para a resolución de casos e análise de pegadas dactilares da man da experta Ana Moure Soengas, graduada en Ciencias Políticas e Criminoloxía.

A última sesión da programación está prevista para o 24 de abril e falarase sobre as medidas preventivas fronte ao contaxio de enfermidades no que poderán participar os asistentes cun debate. Sergio Cinza Sanjurjo, médico de Atención Primaria, dirixirá o encontro.