miércoles 28/7/21
Carlos Casares

125 Harley Davidson reuniranse en Xinzo na honra de Casares

O homenaxeado polo Día das Letras Galegas neste 2017 era un home común, e como todos os homes comúns, tiña as súas afeccións particulares.

IMG-20170513-WA0011

"Os harlistas adoitan dicir que a Harley é unha moto e o resto son cousas que corren [...] Pero eses cabalos grandes e pacíficos raramente lles causan problemas aos seus usuarios, pois non están feitas para correr como as demáis motos que hai no mercado, senón para pasear tranquilamente"

Carlos Casares en "Á marxe" o 2 de xullo de 1992

O homenaxeado polo Día das Letras Galegas neste 2017 era un home común, e como todos os homes comúns, tiña as súas afeccións particulares. A do literato máis prolífico que criou a Limia era con esas motos que semellan teren "cornos de boi limiao" –segundo describira nun artigo-homenaxe Riveiro Coello–: as Harley Davidson.

É por iso que, entre os moitos actos culturais e festivos organizados para lembrar a figura de Casares no vindeiro 17 –este mércores– se atopa a que será a máis multitudinaria concentración de motos Harley Davidson que a comarca da Lagoa de Antela xamais presenciara. 

O 17, xa polo albor da xornada, comezarán a se deixar ver polas rúas da capital comarcal, a moteiros encoirados empoleirados nunha destas Harley. Un total de 125 Harley Davidson, cos seus correspondentes usuarios, encherán por completo a Praza de San Roque ás 14:00 horas para facer ruxir os motores que, coma un vento ferido, ouvearán en lembranza dun gran amante destes impoñentes bechos a motor de dúas rodas.

Tal foi a repercusión, que a organización desta particular xuntanza, tivo que pechar as inscripcións de máis motos, pois desbordaran todas as previsións. Os ocupantes das Harleys desfrutarán tamén dun xantar de convivio na vila que protagonizou moitas das páxinas de Carlos.

Comentarios