miércoles 2/12/20
108 probas no fin de semana

O SERGAS comezou a citar para realizarlle PCR a traballadoras e usuarias de axuda e domicilio no Concello de Xinzo

A solicitude fora feita pola alcaldesa no mes de abril
Foto probas PCR (Cedida)
Foto probas PCR (Cedida)

Segundo nos comunica o departamento de comunicación do Concello, esta fin de semana faranse cribados de PCR a todos os usuarios e usuarias do Servizo de Axuda no Fogar de Xinzo, así como a todas as traballadoras.

Así lle foi comunicado no día de onte pola Xerencia do Sergas á alcaldesa de Xinzo, que xa demandara a realización destas probas fai 6 meses, o pasado día 30 de abril, unha vez que naquel momento se lle estaban facendo a persoal e usuarios de empresas privadas.

Desde os Servizos Sociais enviáronse os datos tanto do persoal que atende o servizo de axuda no fogar como de cada usuario e usuaria, así como si estes poden desprazarse ou non polos seus propios medios a Ourense.

No caso de aquelas persoas que non podan facer este desprazamento, faránselle as probas no seu domicilio.

Algunha destas persoas xa foron citadas onte pola tarde.

En total estamos a falar de 11 traballadoras e 97 usuarios e usuarias.

O SERGAS comezou a citar para realizarlle PCR a traballadoras e usuarias de axuda e...