lunes 28/9/20
Agárdase rexistrar os resultados duns 4.000 profesionais da educación en toda a provincia

O Sergas someterá a test rápidos de dobre banda a todos os mestres da comarca antes de que se inicie o curso

A recollida de mostras comezará a realizarse hoxe, 24 de agosto, no Hospital Santa María Nai de Ourense e durante os próximos días, nos hospitais de Verín e O Barco de Valdeorras.

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). | FOTO: Arquivo.
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). | FOTO: Arquivo.

Segundo fontes do Servizo Galego de Saúde, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras -en colaboración coa Xefatura Territorial de Educación en Ourense- realizará o test rápido de anticorpos de dobre banda a todos os mestres e profesores dos centros educativos da provincia, antes do comezo do curso escolar.

A recollida de mostras deste cribado iniciarase durante a tarde de hoxe, luns 24 de agosto, no punto de extraccións do Hospital Santa María Nai de Ourense e nos próximos días nos hospitais de Verín e Valdeorras. 

Os test realizaránse a todo o persoal docente dos distintos centros educativos da provincia co obxectivo de diagnosticar e illar as posibles infeccións por COVID-19, antes de dar comezo o curso escolar.

As probas comezarán a facerse a diario no servizo de extraccións do laboratorio de análises clínicas do Santa María Nai. Segundo informacións do Sergas, estímase que na tarde de hoxe pasen preto de 400 docentes polo centro sanitario para a realización das probas.

Este cribado realizarase tamén -nas vindeiras datas- nos Hospitais de Verín e Valdeorras onde tamén será citado o persoal docente que teña fixada a súa residencia nos concellos limítrofes a estes centros -incluíndo así a comarca limiana-. En total, estímase que pasarán pola toma de mostras ó redor de 4.000 mestres e profesores nos tres centros sanitarios.

A extracción consiste nun proceso sinxelo que se realiza mediante “punción capilar” no que se extrae unha pinga de sangue do dedo a través do cal se coñece o resultado da mostra -en aproximadamente dez minutos-.

Esta clase de proba diagnóstica foi a realizada no seu momento para o cribado do persoal sanitario, dos corpos e forzas de seguridade e tamén ó persoal de servizos esenciais -bombeiros, protección civil, técnicos de transporte sanitario persoal do 061-.

Os test de dobre banda permiten detectar posibles positivos pero tamén coñecer cales son os positivos activos e cales son os que están inmunizados. Estas probas serven para aumentar a cantidade de casos detectados e aumentan o abanico de diagnóstico, polo que teñen gran utilidade xa que permiten diferenciar entre infección aguda, máis avanzada ou curada.

Comentarios