miércoles 23/6/21

A nova organización da corporación municipal

Hoxe, xoves 23 de agosto, ás 13h celebrouse a sesión plenaria extraordinaria urxente para “Organizar a corporación”.

20180823_130315

 A urxencia do pleno aprobouse por unanimidade e as resolucións dos seguintes cinco puntos a tratar pasan por a designación das novas Tenentes Alcalde, primeiro María Dolores Calvo e segundo Teresa Puga. Isidoro Sánchez foi nomeado novo membro da Xunta de Goberno e Concelleiro de Medio ambiente e Sanidade.

20180823_130136

Tamén se designaron voceiros e membros das comisións informativas, no que Carlos Gómez resultou como novo Portavoz do grupo popular municipal. Finalmente, resolveuse a revocación das competencias en materia de protección civil, que pasarán a ser asumidas pola alcaldía. 
 

20180823_130311