lunes 30.03.2020

A situación da limpeza dos canles da Lagoa a exame

A Xunta proporá ao Ministerio de Agricultura un convenio que determine as actuacións entre as distintas partes implicadas

A situación da limpeza dos canles da Lagoa a exame

A Consellería do Medio Rural e a Confederación do Miño-Sil abordan a situación da limpeza das canles de regadío da Limia, co fin de mellorar estes sistemas e cumprir así as súas funcións agrícolas.

Por outra banda, a Xunta trasladará ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) a posibilidade de formalizar mediante un convenio de carácter técnico e financeiro estas actuacións de limpeza das canles. O que se busca con esta iniciativa é acadar un consenso entre todas as partes implicadas nunha vontade de colaboración institucional -o Goberno central, a Xunta, a Confederación Hidrográfica do Miño Sil (organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica), os concellos e as comunidades de rega- para acometer de xeito conxunto e coordinado estes traballos.

medio rural 2A intención da Consellería do Medio Rural é propoñer ao Ministerio de Agricultura que avalíe a posibilidade de que, no marco do devandito convenio, as administracións públicas aporten financiamento e os regantes, como usuarios, asuman o compromiso do mantemento das canles tras a limpeza das mesmas, que debería ser executada coa máxima dilixencia posible para que poidan cumprir así as súas funcións agrícolas e evitar inundacións nos terreos agrícolas e gandeiros da zona.

Así llo explicou o conselleiro do Medio Rural, José González, ao presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, nunha xuntanza na que tamén participaron a secretaria xeral Técnica da Consellería, María Jesús Lorenzana, e os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, por parte da Xunta; e o Comisario de Aguas, Xoán Nóvoa, por parte da CHMS.

No encontro púxose sobre a mesa a existencia de diferentes competencias na materia por parte das administracións públicas. Así, hai un dominio público hidráulico, competencia do organismo de bacía; concesións a favor dos regantes e responsabilidades por parte dos concellos nas canles que atravesan os seus territorios municipais. Ademais, a Xunta ten tamén parte nestas xestións no que atinxe, por exemplo, aos informes de avaliación ambiental.

Deste xeito, o conselleiro do Medio Rural manterá nos vindeiros días unha xuntanza co ministro Luis Planas, co fin de trasladarlle esta proposta e debater outros temas de interese para os sectores primarios de Galicia.