miércoles 5/8/20

SkyBots Forestal presentoulle unha desbrozadora “autónoma” ao concello de Xinzo

Moita expectación e moitos curiosos seguiron os traballos de desbroce da leira

Amador Díaz, concelleiro de Medio Ambiente participou nunha demostración feita a poucos metros da consistorial de Xinzo, nunha demostración práctica dunha desbrozadora, practicamente autónoma que o Concello, despois da demostración estudiará a súa compra.

Instantánea - 530

A “maquina” pode desbrozar unha leira por medio das coordenadas que lle da o satélite despois dunha fotografía aérea. Pero tamén traballa a distancia mandada por un operario como ocorreu esta mañá a poucos metros da consistorial.

Pouco consumo, moita potencia e accesibilidade a montes cunha pendente de ata 50%.  Tanto Amador Díaz, como Elvira Lama que se uniu a demostración máis tarde valoraron moi positivamente a adquisición dunha máquina con estas características para o Concello.

Instantánea - 531

Elvira Lama aproveitou para  gravar as  peripecias da máquina no seu traballo como fixeron todos os que por alí pasaron.

SkyBots Forestal presentoulle unha desbrozadora “autónoma” ao concello de Xinzo