A Sta. Mariña procesionou polas rúas de Xinzo

Instantánea - 389
A Sta. Mariña procesionou polas rúas de Xinzo

No día grande dás festas de Xinzo

Como acto principal litúrxico no día grande dás festas de Xinzo celebrouse esta mañá a procesión de Sta. Mariña, presidida polo bispo de Ourense D. Leonardo Lemos. Ademais a patroa Sta. Mariña estivo tamén acompañada na procesión polas imaxes da Virxe do Carme e o Sagrado Corazón.

Por parte das autoridades locais a procesión estivo presidida por primeira vez pola alcaldesa Elvira Lama, acompañada pola maioría dos concelleiros do equipo do goberno e todos os membros do PP. Votouse en falta a concelleira de Cidadáns que sole estar nestas celebracións.

Galería de imaxes da procesión.

Para visionar o video da procesión, prema aqui