Os expositores da Feira do Comercio contarán cunha tarifa reducida

Os expositores da Feira do Comercio contarán cunha tarifa reducida
O Concello modificou a ordenanza que regula as taxas para os stands das feiras de promoción de produtos locais e a tarifa reduciuse de 150 euros a 80 euros

Dende o Concello de Xinzo afirman que con esta II edición da Feira do Comercio Prolimia, "presumirase do comercio local durante esta fin de semana" e agardan ter éxito nas ventas como xa ocorreu na pasada edición.

Para esta feira, o Concello modificou a ordenanza que regula as taxas para os stands das feiras de promoción de produtos locais e a tarifa reduciuse de 150 euros a 80 euros. Así, a trintena de expositores que se instalarán no pavillon de deportes terán un impulso engadido.

Dende o Concello explican que a economía local encóntrase nunha época na que as vendas por Internet están gañando terreo e a pandemia tamén afectou ao sector. Daquela, con estas iniciativas pretenden achegar un respiro.

Un referente na comarca

A Feira do Comercio Local de Xinzo de Limia consolídase no calendario e tamén como un referente en toda a comarca.

O concelleiro de Promoción Económica, Manuel Pérez, confía en que a feira desta fin de semana volva a ser “todo un éxito de participación, como na pasada edición e tendo en conta a gran variedade de produtos que se ofertan”.

A presidenta de Prolimia, Concepción Conde, tamén prevé que a feira volva a ser todo un éxito e destaca “as grandes expectativas dos comerciantes e as súas gañas por participar na iniciativa”.