domingo 08.12.2019
Teatro en Xinzo de Limia

Teatro de Castelao para os alumnos dos institutos de Xinzo

A representación da obra "Cousas" corre a cargo da compañía "Os quinquilláns".

Cartaz da representación de teatro xuvenil.
Cartaz da representación de teatro xuvenil.

O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración coa Deputación de Ourense e a Editorial Galaxia organiza, para este xoves, día 24, a representación teatral da obra de "Cousas", escrita por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Esta representación de teatro xuvenil está dirixida aos alumnos dos dous IES da capital da Limia: o Cidade de Antioquía e o Lagoa de Antela. 

Terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura da vila, a partir das 12 horas, a cargo da compañía "Os quinquilláns". Na organización do evento tamén participa a Rede Provincial de Auditorios de Ourense, á que pertence a capital da Limia.

Comentarios