O TEMPO DEU UNHA TREGUA A HORA DO DESFILE

72
O TEMPO DEU UNHA TREGUA A HORA DO DESFILE

As polémicas xurdiron ao final

Á hora prevista as pantallas abriron o desfile do Entroido 2018 como de costume, aínda que con certa polémica que deseguida inundou as redes sociais e os teléfonos de algún membro da comisión.

VALORACIÓN POSITIVA

Este membro da comisión, non o portavoz oficial , valorou positivamente o desfile deste ano, mais vistoso que nas últimas edicións, aínda que manifestou a súa inquedanza porque algunhas comparsas numerosas da vila e da súa entorna estivesen vendo o desfile dende as beirarrúas e dende os balcóns, e sen participar no mesmo. Aínda con todo isto a súa valoración segue sendo positiva pola afluencia de público, posto que a tarde mais apetecía para estar recluídos na casa.

Outro membro da comisión, responsable tamén da Asoc. da pantalla declarou ao dendealimia que, a parte que eles levaron, as pantallas e a recreación do ciclo do Entroido, saiu segundo a súa opinión moi ben. Do rsto do desfile non pode facer valoracións posto que el non o viu.

AS CARROZAS FORÁNEAS NON FORON CONTRATADAS POLA COMISIÓN

73Outra das polémicas xurdidas antes e despois do desfile foi a de que a \“organización\” contratara unhas carrozas a unha empresa foránea, cun custe para o Entroido, pero se negue a colaborar economicamente cós participantes no desfile, cunha achega económica ou ben uns premios. A persoa da comisión, que si se puxo ao teléfono, manifestou que isto fora unha decisión da concellería de Cultura, non dos membros da comisión. Algunha destas carrozas \“foráneas\” ivan ocupadas por persoas que realmente pouco aportaban ao desfile, posto que o seu \“entusiasmo\” polo mesmo era manifestamente millorable.