lunes 25.05.2020

Tempo de Magosto

Os pequenos do CEIP Rosalía de Castro comeron castañas a fartar e a Asociación Agilhoar prepara a súa festa para...
magosto ceip rosalia
magosto ceip rosalia

Os pequenos do CEIP Rosalía de Castro comeron castañas a fartar e a Asociación Agilhoar prepara a súa festa para o sábado

REDACCIÓN

Os nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia celebraron o magosto en compañía de seus pais cunha gran festa en organizada pola ANPA do centro, e á que se lles uniu tamén a asociación de sendeirismo Sendalimia. Pola súa parte, os mozos e mozas do centro social Agilhoar preparan esta festa para o vindeiro sábado. A cita é as 18 horas, e os organizadores garantizan a presenza de castañas e chourizos asados para todos os asistentes. A atracción principal da noite será o concerto de “Mini e Mero”, que dará comezo contra as 22horas.

Comentarios