domingo 9/8/20
Exclusiva de dendealimia.com no seu séptimo cumpleanos

"TERREMOTO" POLÍTICO NO CONCELLO DE XINZO

 DIMITE ELVIRA LAMA COMO ALCALDESA

Veremos o quinto alcalde (de momento), en menos de 2 anos

 

 

elvira lama
elvira lama

Esta mañá espertamos coa noticia, proveniente de acceso que “Dendealimia.com” tivo o Rexistro do Concello de Xinzo, onde, onte venres as 15 horas Elvira Lama presentou a súa renuncia  como Alcaldesa de Xinzo despois de pouco mais de seis meses de mandato.

De fontes próximas a propia Alcaldesa, sabemos que o  motivo esgrimido para tal decisión, e o salto a política nacional como Secretaria de Estado de Comercio, posto que xa ocupa na Executiva do partido en Galicia.

Este nomeamento dáse como cumprimento do acordo pactado co BNG  como apoio a a investidura do próximo Goberno. Dito nomeamento está tamén, segundo nos consta, avalado polo secretario nacional do PSdeG, Gonzalo Caballero.

A propia Elvira Lama convocará una rolda de prensa, posiblemente o luns a mañá mesmo, para dar mais detalles de esta decisión.

ROLDA DE CONSULTAS CON TODOS OS GRUPOS

IMG_9185 - copia

Amador Díaz parece estar informando da súa decisión ao portavoz do PP

Ábrese así un novo período de incerteza na Alcaldía, pois Amador Díaz (1º Tenente Alcalde), xa expresou a súa renuncia a ocupar de forma automática o posto que queda vacante, e abrirá unha rolda de conversacións con tódolos partidos para consensuar quen será o quinto portador do bastón de mando do Concello de Xinzo, en menos de dous (2) anos.

A Alcaldesa saínte, informou os mais achegados do seu equipo, ca emotiva frase; “Marcho, porque teño que marchar”.

Seguiremos informando ao longo da mañá de tódalas reaccións e novidades que se vaian producindo sobre este asunto, que consideramos de gran calado para a nosa vila.