Todo preparado para o Desfile Infantil do Entroido 2019, do venres en Xinzo

CARTEL DESFILE INFANTIL 19
Todo preparado para o Desfile Infantil do Entroido 2019, do venres en Xinzo

Máis de 2.000 persoas; alumnado, mestres, música e ANPAS

Máis de 2.000 persoas; alumnado, mestres, música, ANPAS, ...; participarán directamente no Desfile Infantil a celebrar dentro do calendario do Entroido de Xinzo.

Case todos centros educativos da comarca e dos concellos de Cualedro e Bande; CEIP, IES, Escolas Infantís e Garderías, desfilarán dende as 11:30 dende a Avd. de Ourense dende o cruce coa rúa da Igrexa para continuar pola Avd. de Madrid e rúa Rosalía de Castro para rematar no CEIP Rosalía cun fin de festa onde haberá chocolate, bica e música para todos os participantes.

REUNIÓN PARA MATIZAR TODOS OS TEMAS

DESFILE INFANTIL 19

Esta mañá celebrouse no Salón de Plenos do concello unha reunión na que participaron os representantes dos centros da comarca coa Policía Local, Protección Civil de Xinzo e co concelleiro de Educación Luis M. Gil.

Na mesma analizaron o percorrido do alumnado ata chegar ao punto de partida e as medidas a tomar polas forzas de seguridade.

Neste senso a Policía Local solicita de todos os veciños e os repartidores de mercancías que a partir das 11:00h non aparquen nas rúas S.Roque, Constitución e rúa da Igrexa así como Marcelo Macías, posto que por elas irán chegando os participantes para reunirse ao comezo do desfile.

Por outra banda a Avd. De Ourense estará cortada dende a Estación de buses e Avd. De Madrid dende o cruce coa rúa San Sebastián , así como a rúa Rosalía estarán cortadas mentres dure o desfile.

Usen as rutas alternativas durante ese tempo.

MOITA MÚSICA

Seis charanagas e gaiteiros serán os que poñan a música “oficial” do desfile, ademáis dos diferntes equipos de músican que aportarán os grupos participantes.

Este ano volveráse a bater o record de participación de anos anteriores en canto a participantes no desfile infantil, como en acompañantes anotados.